Quén somos?

Somos un pequeno gran equipo que non para de medrar! Traballamos duro cada semana a través de adestramentos, preparación física e teórica e volcándonos nas actividades do clube.

Disciplina, motivación e traballo en equipo son as bases do noso ser e buscamos xente que comparta estos valores tamén. Se o que estás lendo resoa en ti, entón escríbenos un coreo ou a través do formulario de contacto.

Os adestramentos de Roller Derby están encamiñados a xogar, arbitrar ou axudar en encontros oficiais e non oficiais.

Perfil


  • Tes máis de 15 anos.
  • Disciplina e disponibilidade para acudir aos adestramentos e actividades do clube.
  • Ser constante nos cometidos.

Qué aprenderás


  • Patinar e xogar ao Roller Derby para tomar parte nos encontros.
  • Teoría e dinámica de xogo.
  • Traballo en equipo sen importar nivel ou xerarquía.

Non é preciso que saibas previamente do deporte ou o xogues, nós ensinámoste todo o relacionado co deporte, tí só pon as ganas.


Se precisas máis información ou queres unirte escríbenos a través da nosa páxina web ou a través do noso correo electrónico.

Contacta con nós:


Aviso legal: Aceptas recibir correos comunicativos nosos se envías este formulario e entendes que a túa información de contacto vai quedar almacenada no noso servidor. A mensaxe e os arquivos adxuntos son exclusivos para o destinatario. Non queda permitida a súa comunicación, reproducción ou distribución sen a autorización expresa de Coruña Roller Derby Irmandiñas. Se vostede non é o destinatario final, elimine a mensaxe e informe por esta vía.